Entrega de premios na Biblioteca de Primaria

O mércores 17 de xaneiro entregáronse, na biblioteca de Primaria, agasallos aos gañadores do concurso "Quén é o personaxe?" organizado dentro das actividades sobre "Os contos clásicos" que se realizaron durante o 1º trimestre.

Así mesmo a todos os que participaron, amosando, por certo, grande entusiasmo, lles foi entregada unha chapa conmemorativa da actividade.