Lembrando a Roald Dahl

 Benquerido Roald Dahl!

As actividades da biblioteca de Primaria no 1º trimestre, estiveron adicadas ó escritor británico Roald Dahl no centenario do seu nacemento.


Coñecimos as súas obras e os personaxes creados pola súa imaxinación: Matilda, James, Charlie, George, Agu Trot, As bruxas... ó través dunha exposición e préstamo  de libros.



Elaboramos marcapáxinas con títulos e ilustracións das súas obras.

Os alumnos de 6º EP recrearon nunhas caixas de madeira pasaxes das súas historias despois de lelas.



Os compañeiros de 3º e 4º de ESO colaboraron con nós facendo con Elena, a súa profesora de Expresión Plástica, personaxes de libros de Roald Dahl inspirados nas ilustracións de Quentin Blake, debuxante inseparable da obra do noso autor, para ambientar a biblioteca.

 

O Cine da Escola participou proxectando tres películas durante o trimestre: Matilda, Charlie e a fábrica de chocolate e As bruxas.

Grazas, Roald Dahl. Seguiremos disfrutando das túas historias, versos e poemas e deixarémonos levar sempre polas túas palabras:

O que non cre na maxia endexamais a atopará

Se pensas chegar a algunha parte na vida, tes que ler moitos libros