A cociña na literatura

 

As actividades da biblioteca de Secundaria tiveron a cociña como fío condutor este primeiro trimestre. A ganadora do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, Ledicia Costas, continuou a serie de Escarlatina con Esmeraldina, a pequena defunta. Servíndose deste libro como inspiración, foron moitos os grandes chefs que se animaron a participar no concurso “Receitas noxentas” inventando o seu propio prato horripilante.

Algunha das receitas máis aclamadas foron: empanada de pelos, sopa de globos oculares (para os fríos días de inverno), escuma de mofo, salsa de páncreas (exquisita cos espaguetes) ou coulant de lesma.

As ganadoras do concurso tiveron o honor de cociñar para os seus compañeiros e compañeiras, que moi valentes atrevéronse a degustar “Tortitas poison”.

Para rematar o trimestre traballamos un orixinal recetario, pero non de comida, senón de emocións. Con Recetas de lluvia y azúcar descubrimos receitas sorprendentes e imaxinativas para interpretar o que senten os que nos rodean. Aprendemos a distinguir e comprender as emocións e accedemos a un mundo onde a imaxinación e os pensamentos son sempre a resposta.  Xogamos a facer mímica e a adiviñar que querían expresar os compañeiros. Como mostra un bocado:


RECETA PARA NO PERDER LA ESPERANZA:

1. Utilizar todo lo que esté a mano.

2. Hacer dos maletas. Una, para meter todo lo que queramos llevar.

Otra para lo demás. Solo nos llevamos la primera.

3. En un momento de flaqueza se recomiendan los suspiros,

hacen cosquillas en la lengua.

4. Llevar una botella de agua y un bocadillo, se puede untar

un poco de fe (está muy rica y no pesa).

5. Volver a dormir a casa y comenzar de nuevo al día siguiente.