Comedor

Traballamos cun servizo de caterin que serve comidas todos os días, tanto para os alumnos/as que o utilicen a diario, coma os martes para secundaria e alumnos/as de actividades extraescolares ou eventuais que o desexen.

O horario do comedor é dende as 14:45 ata as 16:00.

Estos son os menús do noso comedor:

Transporte

Dispoñemos de autobuses desde Vigo (Centro-Urzaiz-Gran Vía-Coia-Bouzas-Navia-Balaídos) e arredores (Nigrán-Baiona-Gondomar).

Biblioteca

biblioteca

A biblioteca comezou a súa andaina desde a mesma fundación da Escola, contando actualmente con dúas bibliotecas centrais: unha para Infantil e Primaria e outra para ESO.

As actividades están encamiñadas a fomentar nos alumnos o gusto e afección á lectura, o contacto cos distintos xéneros literarios, así como o coñecemento de escritores, clásicos e actuais, a través de lecturas, concursos, contacontos, actividades plásticas, exposicións, encontros co autor,…na consecución dun dos grandes obxectivos do Centro: o amor polos libros e a lectura.

Algunhas actividades realizadas, que cambian cada mes ou bimestre, son “A pintura nos libros”, “As meigas viven na biblioteca”, “Había unha vez un sombreiro”, “Onde habitan as fadas”, “A biblioteca é un baúl cheo de historias”, “A Biblioteca é un comicomic”,…

Toda esta actividade é apoiada polas bibliotecas de aula, nas que os alumnos poden sacar libros en préstamo e atopar lecturas coas que amenizan os seus ratos de tempo libre deixando voar a súa imaxinación.

Ludoteca

A ludoteca funciona como un espazo onde se combina o lecer coas relacións e a aprendizaxe. Todos os días no 2º recreo, para os alumnos de 2º a 6º de Primaria.

Os mércores adícase en exclusiva ao xadrez: iniciación e organización de partidas.

Tamén se organizan ”tardes na Ludo”, días en que os alumnos quedan a comer no colexio e pasan un bo rato xogando na ludoteca.

Moi concurrida cando vai mal tempo, é outra alternativa que complementa os xogos no patio e a biblioteca.

Está concebida como un espazo para os xogos de mesa (parchís, damas, cartas, dominó, tenis de mesa,disfraces, xogos a través de ordenadores, albums de fotos do colexio de anos anteriores (canto medramos!),baile e música, plastilina, puzles, manualidades,… O “salón”onde charlar cos compañeiros, botar unha partidiña,…

Aula matinal

Funciona diariamente desde as 8,00 horas, en dous turnos, para as familias que o precisen:

  • Entrada entre as 8,00 e as 8,40horas.
  • Entrada a partir das 8,40 horas.