Comezo curso 2013-14

Próximo a comezar o novo curso, xa foi enviada a circular aos pais.

Reunión Pais-Profesores de Educación Infantil e 1º de Primaria

Celebrarase o luns 9 de setembro, as 19 horas. Máis info

Calendario de probas de setembro

Notas Secundaria

As notas finais do presente curso 2012-13, correspondentes á ESO, daranse o vindeiro mércores 26 de xuño, de 11 a 13 horas.

I Mostra de Teatro Escolar de Valladares

 

Os día 5 e 6 de xuño desenvolverase a I Mostra de Teatro Escolar de Valladares no Centro Veciñal de Valladares (onde o ano pasado celebramos a Festa de Fin de Curso).

Terá lugar de 11 da mañá a 12,30 horas, asistindo os alumnos de 3º e 4º de Primaria (mércores 5) e 5º e 6º de Primaria (xoves 6, coa actuación do Obradoiro de teatro da Escola).

 O xoves 6 de xuño, ás 17 horas, os alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO dos Obradoiros de Teatro representarán para as familias e amigos de todas as idades as obras:

  • Touporroutou da lúa de do sol, de Roberto Vidal Bolaño (Letras galegas 2013).
  • Mary Poppins (adaptación do musical).

Libraría Andersen: podes adquirir o material que precises para o vindeiro curso

Como o curso pasado, podedes adquirir en Libraría Andersen os libros de texto, lecturas, dicionarios, atlas,… Pretendemos dar un servizo ás familias de xeito cómodo, a prezos competitivos e con facilidades de pago.

 Como facelo?

 Devolvendo cuberto o listado enviado (podes baixalo aquí ) (indicando cun X que material rexervades) enviándoo por fax (986469415) ou e-mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Tamén podedes facelo por teléfono (986469412). En calquera caso debedes indentificarvos, indicar o nome do fillo e o curso no que estará no 2014-15.

Cando facelo?

Ata o 10 de xullo para infantil, primaria e ESO. Os de ESO tamén poderán encargar no mes de setembro.

 Os libros entregaranse o primeiro día de clase aos alumnos (tamén se poden retirar nos primeiros día de setembro) que os levarán a casa a forrar e poñer nome.

Para calquera dúbida, chamade á Escola.