Identidade

Colexio Andersen foi fundado e 1969 cando un grupo de profesores decidiu construír un proxecto educativo baseado nos valores universais dos dereitos humanos, desenvolvendo as capacidades individuais dos/as alumnos/as. Nesa liña continuamos.

O proxecto educativo de Colexio Andersen ten o obxectivo de axudar a formar persoas capaces de ser autónomas e responsables nun contorno académico e social, tomando conciencia do valor que o seu propio esforzo e as súas decisións teñen para contribuír  ao seu desenvolvemento persoal e ao progreso da sociedade democrática, solidaria e libre da que forman parte.