Presentación do libro "Rapoemas"

 

Maios e Letras Galegas

 Ahí ven o maio
de frores cuberto….
puxéronse á porta
cantándome os nenos

                                     Manuel Curros Enríquez

E cantamos, claro que cantamos, e bailamos, lemos poesías, fixemos Maios e honramos a Valentín Paz Andrade. Todo isto para recibir á primavera, á chegada do cálido e florido maio e conmemorar o Día das Letras Galegas.

Os alumnos de E. Infantil e E. Primaria fixeron un Maio colectivo mentres os de 1º e 2º de E. Secundaria construíron minimaios. Os de 3º e 4º de Secundaria adicáronse ó teatro e representaron a loita entre o Inverno e o Maio.

Así mesmo entregáronse caraveis e diplomas ós poetas gañadores dos Xogos Florais e os autores dos primeiros premios léronnos os seus poemas.

Danzas e actuacións musicais completaron esta tradicional conmemoración.

Maios 1

Maios 3

Maios 2

Maios 4

Maios 5

Maios 6

Maios 7

Maios 8

 

5º e 6º Primaria visitan o Berbés

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha visita de carácter didáctico ao porto de Vigo (O Berbés). Recibidos por un guía do Porto, visitamos a lonxa (onde nos explicou as características e o funcionamento), a descarga de dous barcos de baixura con sardiña, os almacéns de preparado para enviar o peixe a distintos lugares de España,o tren de lavado das caixas e un viveiro de marisco.

E todo nunha mañá chuviosa. Mereceu a pena. 

Día Internacional do Libro

O día 23 de abril sumámonos á conmemoración do Día Internacional do Libro con diferentes actos.

   Os nenos de Educación Infantil lembraron de que partes se forma un libro (portada, lombo…), ollaron en silencio libros das bibliotecas de aula e visionaron a marabillosa curtometraxe animada “The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore” de William Joyce e Brandon Oldenburg, nominado aos Oscar 2012.

 DIL Ed Inf

 

   Os alumnos de Educación Primaria realizaron unha sentada na que cada neno leu en silencio un fragmento do seu libro preferido traído da casa. O acto culminou coa lectura por parte dalgúns alumnos do capítulo primeiro do libro máis famoso da historia da literatura española: El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de La Mancha de Miguel de Cervantes.

DIL Ed Prim

 

   Os alumnos de secundaria participaron nunha charla sobre o paralelismo entre as figuras de Cervantes e Shakespeare e os misterios que rodean á figura deste último. Como colofón fixeron unha lectura das primeiras páxinas de El Quijote e dun texto da escritora e xornalista Ángeles Caso titulado “Lectores del siglo XXI”.

DIL ESO


 

 

Contacontos "A princesa Sabela"

Conto A princesa Sabela

O día 20 de marzo tivemos na Escola unha sesión de Contacontos, a cargo de Iago López, para os nenos e nenas de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria.

Sabela é unha princesa que non quere ser princesa, non quere vestidos elegantes, nin que a peiteen, nin que a vistan... Ela prefire poder subir ás árbores, meter o dedo no nariz, vestirse e peitearse soa.

Unha mañá decide guindar a súa coroa ao estanque dos peixes. O rei, como castigo, ordea que Sabela traballe na cociña do palacio e no cortello dos porcos. Que divertido! Nunca fora tan feliz!

Contacontos

 

3º ESO. no Museo do Mar

O martes 20 de marzo, os alumnos de 3º de secundaria visitaron o Museo do Mar. A actividade xirou ó redor dos cultivos mariños que se practican en Galicia, fixeron un experimento sobre a calidade das augas para desenvolver a cría das diferentes especies e rematou coa visita ó acuario do museo que recolle todos os exemplares da nosa costa.

A visita foi guiada e explicada por persoal do museo a quen queremos amosar o noso agradecemento pola sua imprescindible colaboración.

Museo Mar 1

Museo Mar 2

Museo Mar 4

Museo Mar 3

Museo Mar 6

Museo Mar 5