Vídeo: Nouturnio de Celanova

Vídeo de Raúl García con música de Luís Emilio Batallán sobre o poema de Manuel Curros Enríquez

 

Película de Rosalía de Castro. 3º ESO

Os alumnos de 3º de secundaria fixeron esta versión sobre a vida de Rosalía de Castro co gallo do Día das Letras Galegas.

Video: 150 anos de Cantares Gallegos

Galería 3º e 4º ESO visitan a ONCE

 

O martes, día 23 de abril, os alumnos de 3º e 4º  de secundaria fixeron unha visita á ONCE na que percorreron a interesante mostra que acerca ós alumnos ás condicións da vida cotiá da xente cega ou con capacidade visual reducida e ás técnicas das que dispoñen para a súa mellor adaptación. Nesta mostra poderon experimentar os seguintes contidos:

- Un entorno adaptado con portas que abren ó acercarnos, ascensores que falan, etc.

- Materiais de lectoescritura en braille e tiflotécnicos que nos explicaron a profesora e a instructora de ámbalas dúas materias .

- Cun antifaz nos ollos tocamos as maquetas do Mosteiro do Escorial, a Alhambra de Granada e o Taj Mahal da India. Estas maquetas pertencen ó museo tifolóxico de ONCE en Madrid.

- Tamén cun antifaz entramos nunha pista de mobilidade e fixemos un percorrido a cegas, coas orientacións da técnico de rehabilitación.

- Cine para cegos, proxectaron fragmentos dunha película con autodescripción.

- Vimos unha exposición do popular cupón e faláronnos da súa importancia na financiación da ONCE.

Queremos amosar o noso agradecemento a todas estas persoas que, con enorme amabilidade, nos puxeron en contacto co mundo dos cegos. Un recoñecemento especial a Luis, por quen nos sentimos tratados con especial deferencia.

Moitas grazas a todos dos alumnos e profesores do Colexio Andersen.

 

Campaña de Educación Ambiental "Aforramos auga en Galicia"

 

Membros da “Ecopatrulla” da Fundación MAPFRE estiveron realizando un obradoiro na escola para concienciar aos alumnos de 3º a 6º de E. P. da importancia dos recursos hídricos e a súa escasez.

 

 

Video Marcha 2013