Traballamos con AldaoLado

Os rapaces de 4º de Secundaria tiveron unha actividade de poesía e creación, canto e guitarra. Actividade de poesía, onde expresan as súas motivacións na adolescencia. dos primeiros amores e da dificultade de esquecelos, dos xoguetes da infancia, cancións, en defensa da arte da rúa e a creación de poemas en grupo.

Creatividade, espectáculo de poesía, música e humor.... Máis que interesante

4º ESO: Vigo na literatura

 

Hoxe visitounos de novo Paulo para facer un Obradoiro que tratou sobre o Vigo máis literario, pois a nosa cidade ten unha presenza destacada na literatura galega e na literatura noutras linguas. Hai moitas referencias a Vigo nas páxinas do mellor da obra de escritores como Cunqueiro, Méndez Ferrín, Domingo Villar, Jules Verne, Heminway,…  Grazas a eles Vigo adquire  como territorio narrativo, un valor propio.

OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES

 

 


O xoves 5 de novembro, os alumnos de 2º da ESO tivemos a oportunidade de realizar un obradoiro de lingua portuguesa que nos permitiu achegarnos un pouco máis á realidade sociocultural  dese país, co que compartimos unha proximidade lingüística co galego que nos coloca nunha situación competencial preferente neste mundo globalizado que estamos a vivir.

O portugués hoxe en día é a sexta lingua máis falada no mundo; oficial en 8 países de catro continentes, sendo un deles Brasil, potencia emerxente.


 

 

 

O HIMNO GALEGO / LETRAS GALEGAS 2015

 

Breve historia da letra e música do HIMNO GALEGO e a súa BANDA DESEÑADA.

 


TEST / PASAPALABRA



PREMIO Certame de Microrrelatos 2014

 

 

Nesta convocatoria do Certame de Microrrelatos 2014 o xurado decidiu premiar os seguintes traballos e agradecer a todos a súa participación, esperando contar con máis traballos nunha próxima convocatoria.

Os agasallos entregaranse o 23 de abril,  Día Internacional do Libro, na biblioteca do colexio e dentro das actividades programadas nesta data.

Noraboa a todos e todas.


 

 

Textos premiados

 

Obradoiro de lingua galega: CARRILANAS

Chegamos con retraso pero chegamos con ganas de mostrar o traballo realizado cos rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO na recuperación e recreación do noso patrimonio cultural e lúdico coa construción das CARRILANAS coas que os nosos pais e avós xogaban a lanzarse polas rúas e camiños dos seus barrios ou aldeas respectivas.

Aquí mostramos as maquetas das posibles carrilanas coas que nós tamén poderiamos lanzarnos á aventura.