2º ESO: Fin de curso 2015/16

Despois de tanta lingua castelá, galega, mates, sociais,... rematamos o curso como corresponde: uns días de convivencia e diversión.

Na galería podedes ver como o pasamos.  

2º ESO: Ruta literaria por Vigo

Os alumnos de 2º de ESO realizaron unha ruta literaria por Vigo seguindo as pegadas que os escritores deixaron na nosa cidade.

Investigaron sobre a vida e obra de Celso Emilio Ferreiro, Torrente Ballester, Álvaro Cunqueiro, Camilo José Cela, Jules Verne, Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Valentín Paz Andrade e os poetas da Ría de Vigo, Martín Codax e Mendiño. Tamén coñeceron lugares relacionados cos libros como a Imprenta Juan Compañel, a Fundación Penzol, a Biblioteca Municipal e a Libraría Libros para Soñar.

A grata sorpresa do día foi atopar durante o percorrido a Candela, profesora de E. Infantil, paseando ó seu retoño.

Nun descanso do paseo, deleitámonos cun delicioso xelado, que nos permitiu retomar forzas para continuar a nosa ruta literaria. Un día completo !!! Tedes imaxes desta actividade na galería.

 


2º ESO: Un "Quijote" moderno

 Neste trimestre, durante a Semana de Andersen, adicada á animación á lectura, os alumnos de 2º de ESO escribiron unha serie de textos que teñen como protagonista a un Quixote moderno. A intención foi homenaxear a Cervantes e a Don Quixote no IV Centenario da publicación da obra.

Este é o resultado:


2º ESO: Visita Librouro

 

Os alumnos de 2º de ESO realizaron unha visita á libraría Librouro onde tiveron a oportunidade de escoitar a Xurxo Patiño, propietario, que lles contou a historia da libraría fundada polos seus pais, e de falar con Iolanda Zúñiga, escritora premiada por Xerais; con Miguel, o transportista que fai as entregas de libros; con Cristina, comercial da editorial RBA, e con Amparo, María e Lúa que lles explicaron en que consiste o traballo dun libreiro e todas as actividades que se realizan nunha libraría, así como o camiño que segue un libro dende que é creado pola imaxinación dun escritor ata que chega á libraría para ser escollido por un lector. Grazas a todos eles pola súa colaboración, polo tempo adicado e polo agarimo co que nos acolleron nese lugar de xuntanza que é a libraría Librouro. Tedes imaxes desta actividade na galería.

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Desde aquí queremos facer a nosa pequena aportación para reflexionar sobre a dura e    dramática situación que  están a padecer moitas persoas coa violencia de xénero.

Rescatamos este magnífico traballo realizado o curso pasado por unha alumna de 1º de ESO partindo da canción de Bebe "MALO"e que, desgraciadamente, segue tendo vixencia aínda hoxe, na nosa sociedade do século XXI.

 

 

 

2º ESO: L. Castelá. Jules Verne

 2º ESO Lingua castelá: Jules Verne

Os alumnos de 2º de ESO coñeceron, descubriron, investigaron a Jules Verne e recrearon algúns dos seus títulos con portadas ilustradas por eles mesmos. Podedes velas na seguinte presentación.