Investigando as substancias segundo o seu enlace químico

Os alumnos de 3º de E.S.O. realizaron unha práctica de laboratorio de Física e Química para recoñecer algunhas propiedades das substancias en función do seu enlace químico.

As tres substancias empregadas foron o cloruro de sodio, o xofre e o ferro.  Nas tres estudouse o seu comportamento fronte a determinadas probas como:

  • Solubilidade en auga.
  • Solubilidade nun disolvente orgánico (augarrás).
  • Condución da electricidade en estado sólido.
  • Condución da electricidade en disolución acuosa.

Unha vez realizadas as probas recolléronse os datos nunha táboa e comparáronse os resultados co explicado nas clases teóricas.

O alumnado chegou, mediante discusión en grupo, ás seguintes conclusións:

  • O cloruro sódico é un composto no que os seus átomos están unidos por enlace iónico.
  • O xofre é unha substancia pura na que os seus átomos están unidos por enlace covalente.
  • O ferro é unha substancia pura na que os seus átomos están unidos por enlace metálico.

Cliqueando neste enlace dispoñedes de máis información e animacións sobre os diferentes tipos de enlace químico.