Unha experiencia en África

Pensamos que sería de moito valor formativo que os nosos alumnos coñeceran de primeira man as dramáticas  condicións de vida ás que están sometidas millóns de persoas no mundo. Para iso estiveron connosco Calima e Enrique, ámbolos dous colaboran con ONGs que actúan en África e contáronnos a situación  na que está gran parte da poboación africana.

Calima, profesora do colexio Andersen e como mestra que é, actuou máis no campo educativo e de construcción de escolas e Enrique, antiguo alumno desta escola e dentista na actualidade, falounos das condicións hixiénicas e sanitarias da poboación.

As súas impresionantes experiencias estiveron ilustradas por imaxes que eles mesmos tomaron e que nos amosaron unha sociedade sometida a unha condicións educativas e sanitarias totalmente impensables para nós.

Agradecemos a Calima e Enrique o tempo que nos adicaron e a gran xenerosidade que amosan coas sociedades menos favorecidas. Para eles e para os que como eles actúan neste eido, a nosa admiración.



 

4º ESO 2015/16: A Revolución Industrial

Xeografía e Historia 4º eso.

O tema da Revolución Industrial foi abordado dende a metodoloxía de proxectos (Por que nos desprazamos en coches e non en carros?) na que cada grupo desenvolve o proceso e presenta o resultado ó resto da clase. O vídeo que tedes a continuación é só o resultado final dun dos grupos, e nel preténdese plasmar os cambios que no sector téxtil se produciron nesta Revolución coa aparición das máquinas tecedoras. Ó voso xuízo queda o aconsellar ós compoñentes  do grupo seguir polo camiño da interpretación e realización ata chegar ós Óscar ou continuar por outro campo. No aspecto histórico por suposto foi un traballo moi meritorio.

3º e 4º ESO: Visita a Sobrado dos Monxes e santiago

4º ESO: Barroco, Santa Maria della Salute

Un paseo polo barroco veneciano de Santa Maria della Salute adicado ós alumnos de 4º de secundaria.

3º ESO: Aberracións e feísmo

En 3º de secundaria fixemos algúns "retoques" para arranxar aberracións urbanísticas. Botádelle un ollo.

3º e 4º ESO: Visita a PSA Peugeot Citroën

O pasado día 17 os alumnos de 3º e 4º de secundaria fixeron unha visita á factoría do grupo PSA Peugeot Citroën onde poideron observar os complexos procesos de fabricación da industria actual.