E.I Actividade: Consumo responsable e xoguete seguro

Os alumnos de Educación Infantil, a semana pasada asistiron a unha actividade adicada ao consumo responsable. Actividades co fin de facer reflexionar aos nenos/ as á hora de pedir agasallos nestas datas de Nadal. Ademais aprenderon a identificar un xoguete seguro do que non o é. Así, un xoguete debe levar no seu envase ou marcado as siglas CE, ou nome do fabricante información de uso e montaxe no idioma oficial, e se é un xoguete perigoso debe aparecer a correspondente advertencia sobre a prevención de riscos.

 

 

 

 

5º e 6º E.I Visita Museo Liste

4ºE.I Saída Museo Liste

4ºE.I Visita Carmen, nai de Diego

Fai unhas semanas visitounos Carmen, a mamá de Diego. Carmen ensinounos algunhas fotos para coñecer un pouquiño máis ao noso compañeiro Diego. Vimos fotos da familia, dos cumpres de Diego, da súa mascota, do seu incansable xogo con todo tipo de botes J … Despois a mamá, tomou boa nota do proxecto sobre os sentidos no que estamos a traballar, para contarnos un conto súper chulo! “Siete ratones ciegos”

Por último Carmen, fíxonos o xogo “O cesto dos tesouros”; debiamos adiviñar cos ollos tapados que obxecto cogiamos no cesto, só utilizando o noso sentido do tacto.

 

Moitas grazas Carmen pola túa visita. Diego quedou super feliz!!! 

4ºE.I Visita Toa, nai de Lenda

Hai unhas semanas, visitounos Toa a nai de Lenda. Durante a visita puidemos coñecer un pouquiño máis a Lenda grazas ás fotos que xuntas nos ensinaron; contáronnos as cousas que máis lles gustan facer cando están en familia, o seu gusto pola natureza, patinar en skate con papá,... Outra das cousas que máis lle gusta a Lenda é tocar os seus instrumentos musicais. Aproveitando que estamos cun proxecto en clase sobre os sentidos; mamá e filla fixéronnos un xogo no que debiamos adiviñar co noso sentido do oído, que instrumento estaban a tocar… e sen ver!!! A verdade que identificaron moi moi ben os instrumentos!!! Despois gozamos moito tocando e improvisando como unha auténtica banda de música!!

Grazas Toa pola túa visita, Lenda quedou contentísima!

 

Moitos bicos de parte dos alumnos de 4º de Educación Infantil 

4ºE.I Visita pais de Teo R, Dolores e Diego

A semana pasada tivemos a primeira visita de pais a clase. Nesta primeira ocasión viñeron os papás de Teo R., Dolores e Diego. Foi unha visita xenial na que gozamos de dous contos súper chulos e a continuación coñecemos un pouquiño máis ao noso compañeiro grazas ás fotos que nos ensinaron dos seus familiares, as súas festas temáticas, viaxes, afeccións,…

Grazas por animarvos a participar, Teo aínda que estivo moi nervioso quedou súper feliz!!!

 

Moitos bicos de parte da clase de 4º de Educación Infantil!!!

 

Subcategorías