C.B. Andersen campión da liga Alevín Basketgal

   Nunca foi un obxetivo final, os resultados dos equipos do Colexio, pero o entusiasmo nos adestramentos e partidos dos 35 rapaces e rapazas deste curso, fai que destaquemos este gran logro:

O Club Baloncesto Andersen logo de gañar todos os seus partidos, proclamouse Campión de liga da Liga Basketgal da zona de Vigo e comarca.

Agora buscarán o Campionato galego no mes de maio.

 

Noraboa campións!!!!!


 

Nova tempada 2015/2016

Comezamos outra tempada máis da actividade de baloncesto xunto co C.B. Andersen. Neste novo curso botaremos de menos aos xogadores/as que saíron para otros clubs, e damos a bemvida aos novos deportistas, así como aos máis veteráns.

Lembrade que o horario de entrenamientos é: Luns e Xoves de 15 30h. a 16 45h.

Moita sorte campións e a disfrutar facendo deporte!!!!!

Día do Minibasket 2013

Moi boa participación no Día do Minibasket tanto do equipo Benxamín masculino como o feminino. Disfrutaron dunha mañán chea de minibasket e tamén de xogos. Ao remate todolos participantes recibiron un diploma de asistencia a esta festa deportiva.

As nosas crónicas de baloncesto

Co ano novo, estreamos sección na páxina Web do colexio, adicada a informar da marcha dos nosos equipos de baloncesto nas Ligas da Federación Galega de Baloncesto.

O colexio conta con dous equipos mixtos (compostos por 25 nenos e nenas). Os equipos mixtos da Liga Galega de Baloncesto xogan na categoría masculina. Así, nesa categoría, hai equipos só masculino, e equipo mixtos.

Un dos nosos equipos xoga na categoría de minibasket, encadarado no grupo Vigo A; e o outro na categoría de preminibasket, no grupo Vigo B.

Como esta é a primera crónica das suas andainas, nela faremos un repaso do ata agora.

Minibasket

O equipo do Colexio Andersen de minibasket está composto por Lucas Romero, Adrián Martínez, Cristina Malvar, Leire Villar, Nico Rodríguez, Juan Riveira, Kilian Quintas, Pablo Alonso, Laura Cousiño, Sabela Costas, aos que  axiña unirase tamén Simón Cela,  nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, anque nunha xornada contaron co reforzo de duas xogadoras do equipo de preminibasket, Celia e Sandra, e noutra de Javier Ilarri. O seu entrenador é Suso, o profe de Educación Física do Colexio.

Despois de rematar a primeira fase da liga en terceira posición da clasificación, ainda que primeiro lugar de equipos mixtos, comeza agora unha segunda fase onde xogará do 7º a 12º posto da liga con equipos xa moi potentes e con gran infraestructura.

 

Preminibasket

O equipo do Colexio Andersen de preminibasket está composto por Sandra Casal, Lucía Lamazares, Uxía e Álvaro Gago, Lara e Mateo Montáns, Celia González, Manuel Rodríguez, Laura Vázquez, Mario e Jaime Vázquez, Javier Ilarri, Fonsi Prieto e Cristian Vázquez,  nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria. Os seus entrenadores son María e José Miguel, un entrenador con ampla experiencia profesional, xa que antes adetrou a equipos de Liga femenina e liga EBA masculina.

O obxectivo deste equipo é familiarizar aos rapaces coa actividade deportiva en grupo, no contexto dunha competición onde os resultados son o que menos importancia, xa que o principal é a aprendizaxe deportiva. Hai que destacar a mellora das nenas e es nenos desde o principio da tempada, non só nos encontros, senón tamén nos adestramentos. Pouco a pouco van aprendendo as normas, o que poden facer e o que non. Aínda queda moito por aprender, pero coa su boa actitude están no camiño correcto. Estos tres meses de liga están cheos de anécdotas, especialmente en el grupo de preminibasket, os máis novos, e novatos.

No primeiro partido por exemplo, o equipo contrario era moi superior (nos só metimos unha canastra), e por eso, na segunda metade, deixávanos chegar  a  medio campo para  defender. Entón unha xogadora do Andersen que subía o balón, en vez de pasar botando ao medio  para chegar a canastra, puxose a botar dunha banda a outra do campo. María, a adestradora, e os país, diciamosle que pasase o campo contrario, e ela contestou: “No puedo, hay mucha gente”. Nese mesmo partido outro xogador se saía do campo por las bandas continuamente, para que non lle robaran o balón.

No segundo partido, unha rapaza estaba tan nerviosa por disputar o seu primeiro partido, que tiña vergoña ata para comenzar a quentar.

No terceiro e cuarto partido trtocaron as tornas, e conseguimos vencer. No terceiro, ao non estar acostumados a facer tantas canastras, que cada vez que metíamos unha o celebrabamos chocando as mans, pero se entretiñan tanto que os contrarios aproveitaban pa intentar meter eles alguna canastra.

O cuarto encontro foi un cúmulo de nervios, moi igualado dende o primeiro minuto, pero o bo facer dos rapaces fixo sumar a segunda victoria.

No derradeiro partido do 2012, fomos soamente 9 xogadores, os xustos para poder xogar. Esto fixo que os rapaces se cansasen máis que de costume. Iso, máis xogar fóra da casa, e nunha pista grande, acabou pasando factura. Iintentámo-lo, pero non pudo ser.

Nesta andaina dos nosos equipos tamen “xogan” un papel importante as nais e os país dos xogadores, que cs acompañan a todolos campos, e  anímanlles  moitísimo. Tamén grazas a eles todo este é posible.

Queremos rematar contándote que o Colexio Andersen, anque ten equipos de baloncesto dende 1995, e moita tradición neste deporte (xa nos ocuparemos da nosa istoria noutra ocasión), ao ser un colexio pequeño (en número de alumnos), ten equipos un pouco curtos de xogadores. Por iso, animámoste a participar desta actividade de baloncesto, organizada pola ANPA do Colexio. Xa verás o ben que o pasamos!

Se queres seguir os nosos resultados, e ver fotos dos nosos partidos, síguenos nesta sección da páxina Web do colexio.

Benvidos o blogue do clube de baloncesto

Benvidos o blogue do clube de baloncesto