ANPA

A A.N.P.A. do Colexio Andersen está integrada polos pais, nais e titores legais dos alumnos matriculados neste centro, e o seu obxectivo é o de serviren como canle de encontro, comunicación e participación cos diferentes interlocutores da Comunidade Educativa, implicando aos pais no desenvolvemento escolar dos alumnos.

Alén deste importante labor, o plan de actividades extraescolares, serve de complemento á actividade docente da escola, tanto no aspecto cultural como no deportivo, con un programa que se revisa e actualiza anualmente en función das inquedanzas dos socios. Por último, cabe destacar a participación nas diversas actividades programadas polo Colexio (celebracións de Nadal, “Semana de Andersen”, Festa de Fin de Curso,...).

Contacto ANPA: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. www.anpaandersen.com