E.I Visita Centro de día para maiores

Vivencias en Groenlandia

O pasado 18 de decembro visitounos Carolina Rodríguez Domingo, espeleóloga e montañeira, de Club Montañeiros Deltas,  para estar cos alumnos de 5º e 6º de Primaria e contarlles a experiencia da súa estancia durante varios anos na enorme illa danesa do Atlántico Norte.

 

Dereitos Humanos na Escola

O día 18 de decembro visitou a Escola a avogada viguesa Mercedes Melón, que actualmente desenvolve o seu traballo a prol dos dereitos humanos en todo o mundo na Open Society Fundations desde Londres. Estivo cos alumnos de 2º ESO nunha charla-coloquio enriquecedora.

 

Visita ó Pergamiño Vindel

 

Os alumnos de 3º e 4º de secundaria visitaron o Museo do Mar para ver a exposición organizada ó redor do Pergamiño Vindel.

Este pergamiño é un texto copiado a finais do século XIII onde aparecen as sete cantigas de amigo de Martín Codax, coa notación musical incluída de seis delas.

O descubrimento desta xoia da nosa literatura débese o comerciante de libros antigos Pedro Vindel que o encontrou na súa biblioteca en 1914 servindo de forro a outro libro.

Despois de pertencer a varios propietarios foi comprado pola Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.

Esta é unha ocasión única de ver este pergamiño que vaise de Galicia o vindeiro 4 de marzo.

 

 

 

4º E.I Visita familia de Carolina

A semana pasada visitounos a familia de Carolina; mamá, papá e avó. Xuntos ensináronnos fotos da súa familia e un vídeo precioso no que puidemos ver á nosa compañeira desde cando estaba na barriga da súa mamá ata agora. Pareceunos un vídeo moi emotivo! Moitas grazas familia pola vosa visita!

Moitos bicos de parte dos alumnos de 4º de Educación Infantil.

 

E.I Actividade: Consumo responsable e xoguete seguro

Os alumnos de Educación Infantil, a semana pasada asistiron a unha actividade adicada ao consumo responsable. Actividades co fin de facer reflexionar aos nenos/ as á hora de pedir agasallos nestas datas de Nadal. Ademais aprenderon a identificar un xoguete seguro do que non o é. Así, un xoguete debe levar no seu envase ou marcado as siglas CE, ou nome do fabricante información de uso e montaxe no idioma oficial, e se é un xoguete perigoso debe aparecer a correspondente advertencia sobre a prevención de riscos.