Infantil e 1º Primaria. Saída Fin de Curso. Parque A Canuda

4º, 5º E.I SKEWERED FRUITS

4ºE.I Visita Jesús e Berta, pais de Nicolás

A pasada semana tivemos outra visita de pais. Nesta ocasión foron Jesús e Berta, os papás de Nicolás.

Prepararon un vídeo onde puidemos ver como gozan de Nicolás desde os seus primeiros movementos no ventre da súa mamá, de cómo goza na súa casa tocando diferentes instrumentos musicais; batería, guitarra, Nicolás promete! Do ben que o pasa en casa coa súa irmá e os seus pais, das súas viaxes en familia... sen dúbida, gozamos moito e pareceunos un vídeo precioso no que os papás ían narrando todo o que o noso compañeiro de clase ía conseguindo desde pequeniño ata agora.

Moitas grazas papás pola vosa visita.

 

Moitos bicos de parte da clase de 4º de Educación Infantil.


4ºE.I Visita Jose e Pilar, pais de André.

Esta semana viñeron os papás de André,  Pili e Jose. André contounos que é o que máis lle gusta facer cando está cos seus papás, o que goza cando vai a Covelo, e as cancións que máis lle gustan. Despois o papá, fíxonos o acorde de guitarra e xuntos cantamos unha das cancións que máis nos gusta de clase: Fun ao mercado.

Grazas papás polo voso agarimo, André quedou contentísimo da vosa visita ao cole.

Moitos bicos!

A clase de 4º de Educación Infantil

5º EI visita de Davi e Julián pais de Mateo

Recentemente  estiveron na nosa clase Davi e Julián para  contarnos moitas cousas sobre o seu traballo e leernos un conto de dinosaurios moi chulo.

As moedas e billetes de chocolate estaban riquísimos

Grazas 

5ºEI Visita de Carmen e Ale pais de Ale

Fai uns días visitáronnos no cole Carme e Ale para explicarnos o seus traballos. Cantos   electrodomésticos coñecemos!!!! Que chulas as tiritas!!!