6ºE.I Momentos...

5ºE.I Momentos...

4ºE.I Facendo, facendo...

4ºE.I Cumpreanos

En 4º de Educación Infantil, celebramos os aniversarios dunha forma moi especial, que permite o/a homenaxeado/a interiorizar o concepto de cumprir anos. Á vez que ten unha finalidade didáctica (o paso do tempo, as estacións, os movementos de rotación e translación), facilita que o neno ou a nena sentan especiais no seu día e poidan compartilo connosco.

É unha celebración sinxela; os nenos sentan formando unha elipse (como a órbita da Terra) e explícaselles que “imos celebrar os aniversarios de -nome do neno/a- virando ao redor do sol”. Hai doce meses en cada ano e a terra tarda un ano enteiro en dar unha volta ao redor do Sol.

Cada vez que dan unha volta ao redor do sol celebramos “Un ano”! O homenaxeado cóntanos algo significativo que pasou ou lle gustaba cando era “pequeno”.

Campamento na escola 5ºEP

Aquí queda un vídeo coas fotografías da excursión de fin de curso de 5º EP.

 

4ºE.I Expresando