Visita da escritora Ledicia Costas

A escritora Ledicia Costas visitounos hoxe na escola para falarnos de anécdotas que marcaron a súa infancia, do seu amor pola literatura, dos libros que escribe e os personaxes que os protagonizan, a súa afección polo chocolate, os animais e o Celta.

Durante un rato moi agradable compartimos o tempo dunha escritora cercana, sensible, simpática e ocorrente.

Grazas Ledicia. Segue escribindo fermosas historias para nós. Como dis ti, "coa cabeza pero, sobre todo, co corazón".

Ata pronto!