Dentro do proxecto Espazos Abertos inaugurouse a exposición Montañeiros Celtas e a montaña, con asistencia do alumnado de Secundaria que enchían a sala. A mostra, a base de fotografías  antigas e novas, xunto con diverso material usado na práctica deste deporte, pretende amosar a beleza da actividade, as súas características e, como manifestou na inauguración Emilio, as sensacións que na práctica desta modalidade se manifestan: compartir proxectos, actividades e vivencias, paisaxes espectaculares, superacións persoais e colectivas e un longo etc...