Diante da situación excepcional, que se está a producir en Vigo e na súa contorna, informámosvos de que mañá luns 16 de outubro o colexio, ao non poder garantir a seguridade e o normal funcionamento da actividade escolar no centro, suspende as clases e o transporte escolar. A Xunta suspendeu as clases nos colexios públicos da zona. 

O Colexio abrirá as súas portas para atender ao alumnado que por circunstacias especiais non teñan constancia deste aviso.

ROGAMOS A VOSA COLABORACIÓN E A MÁXIMA DIFUSIÓN DESTA NOTA.

Saúdos