Día Internacional da Muller 8 de marzo

 

Os alumnos de Primaria de Colexio de Andersen, celebraron o pasado 8 de marzo, o día Internacional da muller, centrando o acto na igualdade. Comezou na biblioteca cun contacontos que congregou a unha chea de nenos e nenas de todos os cursos que quixeron asistir. Inspirado no conto “Artur e Clementina” de Adela Turín.

De seguido, desenvolveuse un obradoiro no que se debuxaron dúas enormes tartarugas, Artur e Clementina, que se foron enchendo con mensaxes cos desexos do alumnado de primaria participante, e a nosa biblioteca quedou chea de desexos en favor da igualdade.

Ademais desta actividade realizouse una concentración de todo o alumnado da escola no patio, coa pega de lazos morados confeccionados polos rapaces compoñendo o nome do colexio: “Andersen”. Tamén durante se expuxeron carteis por todo o colexio de biografías de mulleres galegas que destacaron nos seus diferentes ámbitos.